A Concellería de Novas Tecnoloxías recibe unha subvención de 80.000 euros para executa-lo Plan de Modernización do Concello de Narón
Publicado por PP Narón en 14 Julio 2008
A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de aceptar unha subvención de 80.000 euros do Ministerio de Administracións Públicas (MAP), para executa-lo Plan de Modernización do Concello de Narón.
A Edil responsable desta delegación non ocultou a súa satisfacción por esta achega, solicitada polo Concello de Narón o pasado 31 de marzo e que agora ven a ser confirmada polo MAP. O goberno central aportará esta subvención con cargo ó Programa de Cooperación Económica Local do Estado, correspondente ó ano 2008. Dende o Concello de Narón xa se comunicou por carta ó Ministerio de Administracións Públicas a aceptación desta subvención, requisito imprescindible para poder acceder á mesma.
O Plan de Modernización do Concello de Narón foi presentado públicamente ós medios de comunicación o pasado 4 de abril de 2008, e ten como obxectivo fundamental a adaptación da rede informática do Concello ás novas tecnoloxías da información, para facer accesible ós cidadáns os servizos municipais sen ter que desprazarse ata a Casa Consistorial. Deste xeito, poderanse levar a cabo, a través de Internet, trámites coma o pago de impostos, a solicitude de licenzas e permisos de obra, o cambio de enderezo, a solicitude de axudas sociais ou os permisos medioambientais. É o que se coñece coma “administración electrónica”.
Para facer realidade este proxecto, o Concello convertirá a súa páxina web municipal nunha ventanilla única de solicitude de información, reducindo ó máximo os trámites que deben realiza-los cidadáns coa administración local. Estes procedementos gozarán da máxima validez legal ó estaren avalados polo certificado dixital ou a firma dixital.
O prazo previsto para levar a cabo este proxecto é dun ano e medio, de xeito que a finais de 2009 poida estar funcionando a administración dixital. Pór en práctica o Plan de Modernización do Concello de Narón require unha inversión económica de 200.000 euros, dos que a administración local aportará 120.000 e o Estado os 80.000 restantes.
Narón, 8 de xullo de 2008
