Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Responsables do Concello e de Caixa Galicia entregaron os diplomas ós 26 alumnos que remataron con éxito tres cursos de formación e emprego

Publicado por PP Narón en 14 Julio 2008

A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Paloma González Cuevas, presidiu hoxe a entrega de diplomas ós 26 alumnos que finalizaron con éxito tres cursos do programa de formación e emprego, organizados polo Concello de Narón en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia. Estes seminarios tiveron un custo global de 46.300 euros e, en conxunto, sumaron 1.370 horas de formación teórica e práctica.

Os cursos en cuestión son os seguintes:

  • Iniciación ás construccións metálicas (con 500 horas de duración e 11 alumnos matriculados dos cales 9 finalizaron con éxito e recolleron hoxe o seu diploma)
  • Restauración da madeira e moble (500 horas, 11 inscritos dos que 7 finalizaron con diploma) e
  • Dependenta de comercio (370 horas, 15 mulleres inscritas das cales 10 obtiveron diploma).

Estas accións formativas están coordinadas polo Servizo Sociocomunitario Municipal e desenvolvéronse no Centro Municipal de Formación, ubicado no Polígono de A Gándara. Os cursos de Iniciación ás construccións metálicas, e Restauración da madeira e moble concíbense coma unha primeira toma de contacto coa especialidade e un achegamento básico ao mundo profesional mediante o manexo de ferramentas e máquinas, ademáis da elaboración de construcions elementais. Algúns destes alumnos continúan na actualidade a sua formación laboral, a través dos cursos de Caldereiro e Tubeiro, e Carpintería, correspondentes ó Plan FIP.

No caso do curso de Dependenta de comercio, na actualidade rexístrase xa un saldo positivo de 3 contratos, que nos vindeiros seis meses se verán incrementados polo traballo de colaboración mantida coas entidades comerciais.

No acto de entrega de diplomas, a Concelleira de Formación Laboral e Emprego dirixíuse ós alumnos que finalizaron con éxito os cursos sinalando que iniciativas coma ésta “constitúen unha boa inversión, a mellor que se pode realizar dende unha administración pública”. A Edil lembrou tamén que a finalidade dos seminarios é “ofrecer unha formación específica para que os participantes poidan introducirse no mercado laboral”.

En representación da Obra Social de Caixa Galicia, a xerente en Ferrol, Elena Cardona, engadíu que esta entidade e o Concello de Narón levan varios anos colaborando a través de cursos de formación que teñen como obxectivo final facilitar o acceso ó mercado laboral.

Narón, 14 de xullo de 2008

Escribe un comentario

XHTML: Puedes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>