Alumnos de 1º de Biblioteconomía da Universidade da Coruña visitaron o Arquivo Municipal para coñece-lo seu funcionamento
Publicado por PP Narón en 30 Abril 2009
Un grupo de 10 alumnos/as de 1º curso da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña visitou onte o Concello de Narón, onde tomaron contacto directo coas materias que están a estudar nesa diplomatura. Os participantes estiveron acompañados pola profesora Mª de las Nieves Peiro Graner, e recibiron unha charla na que se lles explicou como é o traballo diario do arquiveiro e do auxiliar de arquivo, e como funciona o Arquivo Municipal.
A continuación, baixaron ata o sótano da Casa Consistorial para visita-las instalacións que albergan o Arquivo Municipal, incluido o Arquivo Histórico. Os estudantes universitarios coñeceron o material de uso diario do arquivo (como carpetas, fichas, caixas, e libros de rexistro) e se lles explicou o proceso de dixitalización do mesmo, a través do programa informático “Albalá”.
Finalmente, os estudantes de Biblioteconomía e Documentación ollaron algunhas das antigas fotografías que forman parte do arquivo municipal, e que están dispoñibles no seguinte enderezo web: www.arquinaron.es.
A xestión do Arquivo Municipal é competencia da Concellería de Novas Tecnoloxías e Protocolo, dirixida pola edil Paloma González Cuevas.
Narón, 30 de abril de 2009

