A Concellería de Formación Laboral do Concello de Narón desenvolverá hoxe a segunda xornada do Foro “Familia e crise económica”, que se está a celebrar na Sala de Conferencias da Biblioteca Municipal do Alto, a partires das 20 horas.
A xornada de hoxe estará adicada ó aforro e ó consumo sostible, e contará coa participación de Juan Manuel Thomas Calvo (enxeñeiro superior industrial) e Carlos Gómez Martínez (abogado e ex Subdirector Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia). O primeiro falará sobre consumo doméstico, aforro enerxético, etiquetado, o Plan Renove e outras axudas, mentres que o segundo relator explicará a facturación e as tarifas da luz e do gas. Este acto estará presentado pola primeira Tenente de Alcade, Angeles Díaz Pardo.
Na mesa sobre aforro e consumo sostible explicarase como se conforma o recibo da luz e como é agora a nova tarifa nocturna. Ademáis, ofreceranse técnicas sinxelas para abarata-lo recibo do gas e o da electricidade nos fogares. Tamén se darán a coñece–las axudas que existen para aforrar enerxía, e onde poden solicitarse.
O foro sobre “Familia e crise económica” rematará mañá venres, coa mesa redonda sobre publicidade e prezos.
Narón, 12 de febreiro de 2009