Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Guarderías’

As tres Escolas Infantís Municipais de Narón suman 260 novas solicitudes para o vindeiro curso 2009-2010

Publicado por PP Narón en 17 Abril 2009

A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, ven de anuncia-lo número de solicitudes rexistradas no Concello para acceder ás Escolas Infantís Municipais (EIM) da Solaina, Piñeiros e A Gándara de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010. En total, recibíronse 260 novas solicitudes, ademáis das 154 reservas de prazas por parte de nenos que xa están escolarizados nestos centros.

A continuación detállanse os datos por centros e idades:

Solicitudes por idades:

  • -22 solicitudes de non nados./
  • -22 solicitudes de nados no 2009 (de 0 a 1 anos)
  • -112 solicitudes de nados no 2008 (de 1 a 2 anos)
  • -104 solicitudes de nados no 2007 (de 2 a 3 anos)

Solicitudes por escolas:

  • -81 para a Escola Infantil da Solaina
  • -87 para a Escola Infantil de Piñeiros
  • -92 para a Escola Infantil da Gándara

Por escolas e idades:

  • -EIM da Solaina: 3 solicitudes de non nados, 5 de nados no 2009, 37 de nados no 2008, 36 de nados no 2007.
  • -EIM de Piñeiros: 12 solicitudes de non nados, 6 solicitudes de nados no 2009, 36 solicitudes de nados no 2008, e 33 solicitudes de nados no 2007.
  • -EIM da Gándara: 7 solicitudes de non nados, 11 solicitudes de nados no 2009, 39 solicitudes de nados no 2008, e 35 solicitudes de nados no 2007.

Reservas de praza (alumnos/as que xa están nas EIM):

  • -52 reservas na Solaina
  • -50 reservas en Piñeiros
  • -52 reservas na Gándara

Segundo apuntou o Edil de Infancia, Miguel Hermida, as listaxes definitivas de admitidos daranse a coñecer no mes de xuño, logo de reunirse a comisión de baremación.

Á hora de adxudicar as prazas, terán preferencia os nenos que xa estivesen matriculados no centro durante o pasado curso, seguidos daqueles que xa teñan un irmán no centro. O segundo grupo preferente é o dos fillos/as do persoal que traballe nas escolas infantís municipais, e por último os novos ingresos que acaden o baremo máis alto, segundo os criterios que se explican a continuación:

O Concello primará ás parellas que traballen fóra do fogar familiar (6 puntos sumando pai e nai), ás familias monoparentais (3 puntos), ás familias numerosas (3 puntos), ás familias afectadas por minusvalidez física, síquica ou sensorial ou enfermidades que requiran tratamento (2 puntos), fillos nados en parto múltiple (1 punto), familias con persoas a cargo (1 punto). A isto sumaranse 2 puntos por cada membro da unidade familiar. Ademais, os desempregados terán outros 2 puntos.

Tamén se baremarán outras cuestións coma a situación laboral e os ingresos familiares, dando prioridade ás rendas máis baixas.

O número total de solicitudes para o vindeiro curso 2009-2010 aumentou en sete respecto ó ano pasado, no que se rexistraron 253 novas peticións. /p>

Para este ano, ofrécense preto de 270 prazas (90 por cada centro) en quendas de mañá e tarde, pero esta cifra podería aumentar xa que moitos pais elixen horario de media xornada, deixando a praza libre no resto do día. Aínda así, os nenos con reserva de praza (154) xa teñen asegurada a súa continuidade, polo que as prazas libres vense reducidas por esta circunstancia.

Estos datos revelan a necesidade de construir unha nova gardería, idea coa que se está a traballar, para a zona de Xuvia. A elección do lugar responde ó crecemento da poboación de Narón e tamén de dispersión xeográfica, co fin de descentralizar servizos do triángulo Santa Icía-Alto do Castiñeiro-A Gándara, algo no que incidíu especialmente o edil de Infancia, Miguel Hermida.

Narón, 17 de abril de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »

O Concello pecha hoxe o prazo de inscrición nas tres Escolas Infantís Municipais

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

A Concellería de Infancia, dirixida polo edil Miguel Hermida, pechou hoxe o prazo de inscrición nas Escolas Infantís Municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara para nenos/as de 3 meses a 3 anos de idade, de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010.

O Concello oferta un total de 16 novas prazas para nenos de 0 a 1 ano en cada unha das tres Escolas Infantís Municipais (EIM). Ademais, existen outras 26 prazas para nenos de 1 a 2 anos, e 40 prazas para nenos de 2 a 3 anos en cada EIM, aínda que teñen preferencia os nenos que xa estivesen escolarizados neste curso.

A documentación que debían achega-los proxenitores é a seguinte:

a) Documentación da situación familiar

  • Fotocopia cotexada do Libro de Familia e/ou cartilla de familia numerosa.
  • Fotocopia cotexada dos DNI ou NIE dos proxenitores ou titores.
  • Certificado de empadroamento e convivencia que será expedido polo Concello, no caso dos veciños de Narón.
  • Copia cotexada da sentenza de separación, nulidade ou divorcio, ou calquera outra documentación acreditativa da circunstancia socio-familiar alegada.

b) Documentación da situación económica

  • Copia cotexada da última declaración da renda de tódolos membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado acompañarase certificado de imputación de rendas expedido pola Delegación de Facenda; copia cotexada das dúas últimas nóminas; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada dos mesmos e xustificante laboral de proximidade ás EIM.
  • Os autónomos acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
  • Certificado de intereses e retencións bancarias.
  • Certificado ou Informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Certificado do departamento de rendas do concello, de tódolos membros da unidade familiar (tramítase dende o propio departamento do Concello).
  • Outros documentos, se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo.

Horario e prezos para o Curso 2009–2010

  • Apertura do centro: 7:30 a 20:00
  • Xornada de mañá: 9:30 a 13:30
  • Xornada de tarde: 15:30 a 19:30 ou de 16:00 a 20:00
  • Xornada completa: 8 horas

Prezo por asistencia

Fíxase en 110 € mensuais para a xornada completa e de 76,45 € mensuais para a media xornada. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais:

  • Inferiores ó 50% do SMI              -> Redución do 100%  -> Non paga.
  • Entre o 50% e o 75% do SMI      -> Redución do 70%    -> Paga 33 euros.
  • Entre o 76% e o 99% do SMI      -> Redución do 40%    -> Paga 66 euros.
  • Entre o 100% e o 150% do SMI  -> Redución do 10%    -> Paga 99 euros.

Prezo por servizos complementarios

a) Nos centros que presten outros servizos, os prezos ós que fai referencia o punto 1 incrementaranse segundo os servizos dos que o neno sexa usuario:

  • Servizo de comedor: o prezo por este servizo fíxase en 33 euros mensuais. No caso de nenos que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día, o prezo será de 2 euros por día.
  • Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros.

b) Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse reducións totais ou parciais:

  • Inferiores ó 30% do SMI, redución do 100%.
  • Entre o 30% e o 100% do SMI, redución do 50%

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »

Vicepresidencia da Xunta denega a subvención á Escola Infantil Municipal da Gándara alegando “non ter cartos”

Publicado por PP Narón en 12 Febrero 2009

O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, e a tenente de Alcalde, Angeles Díaz, ofreceron unha rolda de prensa para informar sobre a negativa da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galicia a subvencionar a Escola Infantil Municipal (EIM) da Gándara, aberta o 19 de novembro de 2007. O goberno municipal non comparte a decisión de Vicepresidencia xa que dende o Concello de Narón se presentou a debido tempo a correspondente solicitude “e a denegan alegando que non teñen cartos”, sinalou Angeles Díaz.

A Tenente de Alcalde non entende como o goberno autonómico pode dar esta resposta “cando acaban de gastar unha cantidade importante en publicidade nun xornal de tirada diaria. Este tema é coma o da Lei da Dependencia, non hai diñeiro para prestar os servizos pero sí para facer propaganda dos mesmos”, dixo.

Angeles Díaz tampouco comparte a decisión de Vicepresidencia de subvenciona-las outras dúas EIM de Narón -situadas na Solaina e Piñeiros- e deixar á da Gándara sen financiación. “Non podemos permitir unha discriminación dos veciños de Narón respecto a outros concellos, pero tampouco entre si, simplemente por cuestións de residencia”, declarou.

O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, explicou que a Xunta tamén está a reduci-la subvención que concede ás EIM xa abertas en Piñeiros e na Solaina. “No 2008 baixaron a achega de 76.000 euros a 58.000, e agora seguen a reducila, xa que tan só nos conceden 54.000 euros anuais por cada centro”. Blanco explicou que o Concello ten que facer un grande esforzo inversor nestes servizos, financiando o seu mantemento ademais de cede-las parcelas sobre as que se construiron estas escolas infantís.

A negativa da axuda solicitada polo Concello para a EIM da Gándara foi calificada pola Tenente de Alcaldía, Angeles Díaz, coma “un castigo ós concellos que fan o maior esforzo inversor, como é o caso de Narón. Non existe na comarca ningún outro municipio con tres escolas infantís municipais”, engadiu.

O Concello ten previsto enviar un recurso de reposición á Vicepresidencia da Xunta xa que, polo momento, non foi posible establecer unha comunicación oral cos responsables do servizo. O Alcalde criticou o feito de que a Xunta non colabore no mantemento da EIM da Gándara alegando que non dispón de cartos, e pola contra se fagan viaxes a Cuba, e se gaste o diñeiro en teléfonos, coches oficiales e reformas de despachos oficiais.

Xose Manuel Blanco tamén aproveitou para lembrar que o Concello leva dende o mes de maio do 2008 á espera dunha resposta á oferta feita ante Vicepresidencia, para construir unha residencia de maiores -con preferencia para persoas enfermas de Alzheimer- “e aínda non nos contestaron se lles interesan os terrenos e o proxecto”, dixo.

Narón, 12 de febreiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

As escolas infantís municipais rexistran un total de 242 solicitudes para o vindeiro curso 2008-2009

Publicado por PP Narón en 27 Junio 2008

A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida Dopico, deu a coñecer hoxe os datos relativos ó número de matrículas rexistradas nas tres Escolas Infantís Municipais de Narón -situadas en A Solaina, Piñeiros e A Gándara- para o vindeiro curso escolar. En total o número de solicitudes ascende a 242, das que a maioría (90) corresponden ó centro de A Gándara, a pesar de ser esta a última gardería en abri-las súas portas, no pasado mes de outubro de 2007. En A Solaina rexistráronse un total de 70 solicitudes; en Piñeiros 78 e a maiores hai 4 familias que solicitan praza, sen ter preferencia por ningún dos tres centros.

Hermida explicou que esta situación se debe a que A Gándara é un barrio que está a crecer urbanística e demográficamente, o que se reflexa no número de solicitudes. “A Gándara é a escola infantil que máis solicitudes de xornada de mañá ou completa recibíu, e a que menos solicitudes de tarde rexistrou”, sinalou.

Dentro das 242 solicitudes rexistradas, 147 corresponden a reservas de prazas de nenos que xa están matriculados nas tres escolas. En A Solaina continúan 49 pequenos; en Piñeiros 45 e en A Gándara 53. A maiores, entrarán 37 nenos en prazas vacantes de Piñeiros (11 nenos de 0 a 1 ano, 13 de 1 a 2 anos e outros 13 de 2 a 3 anos); 35 nenos en A Solaina (16 de 0 anos, 6 de 1 a 2 anos e 13 de 2 a 3 anos) e 39 nenos en A Gándara (14 de 0 anos, 14 de 1 a 2 anos e 11 de 2 a 3 anos).

Tendo en conta estes datos, quedan 114 nenos sen praza para o vindeiro curso escolar, do que se deduce a necesidade de abrir a curto prazo unha cuarta gardería pública en Narón. A este respecto, o Edil de Infancia declarou que “quizáis o lugar máis axeitado sería o barrio de Xuvia, tendo en conta a distribución xeográfica destos centros públicos”.

As listas de espera rexístranse nos nados en 2007 (quedando 73 nenos sen praza) e nos nados en 2006 (41 nenos sen praza). Cabe sinalar que en tódolos grupos de idade (de 0, 1 a 2, e 2 a 3 anos) quedan prazas libres no turno de tarde. Tamén no caso de nenos nados no 2008, quedan 5 prazas libres en Piñeiros e outras 6 en A Gándara, para o turno de mañá.

O Concelleiro de Infancia, Miguel Hermida, destacou ademáis que os pais e nais se decantan pola xornada de mañá á hora de solicitar prazas de gardería, algo que iría en consoancia co feito de que ambos proxenitores traballen fora de casa nese horario. O Edil lembra que no mes de febrero deste ano se modificou o baremo que rexe a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais, para priorizar ás familias nas que traballan os dous cónxuxes, algo que non sucedía ata o de agora.

Narón, 23 de xuño de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »