Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Internet’

Fernández de Mesa se interesa por los problemas de Narón y se compromete a trasladar iniciativas al Congreso

Publicado por PP Narón en 2 Enero 2009

El Diputado Nacional Arsenio Fernández de Mesa se reunió el pasado día 30 con miembros del Comité Local del Partido Popular de Narón para abordar los diversos problemas del Ayuntamiento, destacando el problema educativo y las dificultades para una completa cobertura de WIFI en todo el término municipal. Fernández de Mesa anunció la presentación de iniciativas para intentar solventar las deficiencias existentes en la actualidad.

En la misma reunión se habló sobre la situación actual de Narón y sobre las próximas elecciones autonómicas del 1 de marzo, en las que el Diputado Nacional junto con el Comité Local auguran una mayoría absoluta para el candidato popular Alberto Núñez Feijoo.

cimg2156

Narón, 2 de enero de 2009

Publicado en Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

Paloma González solicitou unha entrevista co Delegado Provincial de Industria

Publicado por PP Narón en 7 Noviembre 2008

A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Formación e Emprego, Paloma González Cuevas, solicitou onte por escrito unha entrevista co Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria, José Luis Barcia Pico. O motivo da solicitude desta reunión é o establecemento de banda ancha no Concello, grazas as antenas wimax.

Narón, 7 de novembro de 2008.

Publicado en Ayuntamiento, Instituciones, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

Continuación dos cursos de alfabetización dixital no rural

Publicado por PP Narón en 3 Septiembre 2008

Despois do importante éxito desta nova actividade promovida pola Concellalía de Novas Tecnoloxías, trala realización dos cursos de iniciación durante o mes de xullo, durante o mes de setembro desenvolverase o segundo nivel dos mesmos.

Así, dende este mes de setembro, e nos locais sociais das asociacións que o solicitaron, desenvolveranse os cursos de perfeccionamento, para consolida-los coñecementos adquiridos e aprender novas cuestións sobre Internet e as novas tecnoloxías.

Narón, 1 de setembro de 2008.

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

O Concello traerá a sete expertos en informática e novas tecnoloxías para pronuncia-las conferencias do fin de semana tecnolóxico ‘Naronline 2008’

Publicado por PP Narón en 14 Julio 2008

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, a cargo da edil Paloma González Cuevas, ten xa ultimado o programa de conferencias que se inclúe dentro do primeiro Fin de Semana Tecnolóxico ‘Naronline 2008’. En total serán sete charlas as que se pronunciarán nos tres días que durará o evento, previsto para o 18, 19 e 20 de Xullo.

Na tarde do venres 18 está prevista a celebración de dúas conferencias. A primeira delas correrá a cargo de Xavier Lleixá Rillo, da firma Netgear, quen pronunciará ás 19 horas unha charla baixo o título “O teletraballo feito realidade”. A continuación, ás 21 horas, será o turno de Iñaki Cirión Serrano, de Kónica Minolta, quen falará sobre “A estratexia documental na empresa galega”.

O sábado 19 haberá charlas durante a mañá e a tarde. A primeira delas será ás 11:00 horas, a cargo de David Cabrero Souto, profesor da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña (UDC). O título desta conferencia é “Accesibilidade nos Sistemas de Información”. Ás 13 horas está prevista a intervención de Carlos Ezquerro, de NETEX, en representación da Fundación Rio do Pozo, quen disertará sobre “O e-learning e a mobilidade”.

Na tarde do sábado intervirá Cristina López Ferro, do Grupo Artabria e tamén en representación da Fundación Rio do Pozo, para falar de “O sector madereiro: unha solución”. Será ás 19 horas. E xa para finalizar esta xornada, ás 21 horas intervirá Francisco Javier Taso Santín, de GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), cunha ponencia titulada “El izquierdo de copia: camino de la libertad”.

O ciclo de conferencias clausurarase na xornada do domingo 20, coa intervención do subdirector da edición dixital de La Voz de Galicia, Carlos Agulló Leal. Ás 11:00 horas impartirá unha conferencia baixo o título “lavozdegalicia.es. Una experiencia digital. Nuevas formas de comunicación”.

Todas as charlas se desenvolverán no Auditorio Municipal, e están abertas ó público en xeral e tamén ás empresas.

Naronline inclúe, ademáis, unha Party informática, obradoiros e concursos temáticos con 12.000 euros en premios –aportados polas firmas comerciais que patrocinan este evento-. En próximos días ampliarase esta información, e darase a coñece-lo listado de premios, ós que se poderá acceder a través de xogos, concursos e tamén por sorteo.

Narón, 11 de xullo de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías inicia hoxe en Sedes o programa de cursos de Internet na zona rural

Publicado por PP Narón en 27 Junio 2008

A Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas, ven de anuncia-lo inicio no día de hoxe do Programa de Cursos de Internet no Rural, co que o goberno municipal pretende estende-lo uso das novas tecnoloxías ás parroquias máis diseminadas do centro urbán de Narón.

En total inscribíronse 92 alumnos ó curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas que non tiveron contacto previo cos ordenadores. As clases impartiranse nos locais sociais municipais das seguintes parroquias: Pedroso, O Val, Castro, San Xiao e Sedes.

En cada unha destas asociacións instalaranse ordenadores portátiles –un por cada alumno- co fin de que os inscritos poidan familiarizarse en primeira persoa coas novas tecnoloxías, e adquiri-los primeiros coñecementos para poder navegar por Internet.

Os cursos teñen unha duración de 10 horas (repartidas en 7 clases de 90 minutos cada unha), e se levarán a cabo nos seguintes horarios:

  • Sedes: días 27 e 30 de xuño e 2, 4, 7, 11 e 18 de xullo.
  • Horario: de 20 a 21:30 horas. 10 persoas inscritas.

  • O Val: días 1, 3, 8, 10, 15, 17 e 18 de xullo.
  • Establecéronse dous turnos: de mañá (10:30 a 12 horas) e de tarde (18 a 19:30 horas).

  • Castro: días 2, 4, 7, 9, 11, 14 e 16 de xullo.
  • Dous turnos: de 16 a 17:30 horas e de 18 a 19:30 horas.

  • San Xiao: días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xullo.
  • Dous turnos: de 16 a 17:30 horas e de 18 a 19:30 horas.

  • Pedroso:
    Primeiro grupo: días 26 de xuño, e 1, 3, 8, 9, 10 e 14 de xullo.
    Segundo grupo: días 15, 16, 17, 21, 23, 28 e 30 de xullo.
    Ambos en horario de 20 a 21:30 horas.

A Concelleira de Formación, Emprego e Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, visitará cada un destes cursos co fin de saudar ós asistentes e comproba-la utilidade dos mesmos, que en setembro se complementarán con outro de Perfeccionamento no uso de ordenadores (ata agora, hai 32 solicitudes para este último).

Narón, 26 de xuño de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías desenvolverá do 18 ó 20 de xullo o I Encontro Tecnolóxico “Naronline”

Publicado por PP Narón en 18 Junio 2008

O Concello de Narón -en colaboración coa Universidade de A Coruña e a Fundación Tecnolóxica Río do Pozo- desenvolverá do 18 ó 20 de xullo o primeiro Fin de Semana Tecnolóxico “Naronline”, que terá lugar na Praza de Galicia e no que se espera a participación de 400 persoas de tódalas idades, procedentes tanto de Narón coma do resto da comarca, Galicia e España.

A Tenente de Alcalde, Ángeles Díaz Pardo, explicou hoxe que, para levar a cabo este evento, se instalará unha carpa de 2.700 metros cadrados na que se desenvolverá de xeito ininterrumpido unha Party Informática durante 56 horas e para a cal é necesario inscribirse previamente. As solicitudes poden tramitarse, vía correo electrónico, na seguinte dirección: www.naronline.es

Nesta páxina web, habilitada para tal fin, recóllese tamén tódala información relativa a este evento tecnolóxico, de carácter gratuito, tal e como apuntou a Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas. “O prazo de preinscripción para participar na Party ábrese hoxe e se manterá ata o vindeiro 1 de Xullo”, sinalou a Edil, engadindo que “con este encontro tamén se pretende crear un espazo de convivencia e intercambio de experiencias entre os máis xóvenes”.

Os participantes na Party poderán pernoctar no Pavillón de deportes do Campo da Serra, no cal se habilitará un espacio especialmente indicado para eles. Os participantes deberán ir provistos de esterillas e sacos de dormir, ademáis dos equipos informáticos para participar no evento. Pero Naronline inclúe ademáis outras propostas de interese, que se detallan de seguido.

Por un lado, haberá un ciclo de conferencias sobre o futuro das comunicación e o novo negocio basado nas TIC, nas que participarán destacados profesionais destos campos. Pero tamén está prevista a instalación dun aula con 30 ordenadores para achegar as novas tecnoloxías ás asociacións de veciños e a toda a poboación que aínda non se familiarizase con elas. Para iso haberá profesores que se encargarán de ensinar todo o relacionado con Internet e as súas posibilidades, tanto ás persoas maiores coma ós nenos.

Angeles Diaz y Paloma Gonzalez

Narón, 18 de xuño de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías abre o prazo de inscripción para os cursos de iniciación a Internet na zona rural de Narón

Publicado por PP Narón en 19 Mayo 2008

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de abri-lo prazo de inscrición para asistir ós cursos básicos de iniciación a Internet na zona rural. Os veciños interesados neste servizo poderán formaliza-la inscrición dende hoxe e ata o día 30 de maio, no Servizo Sociocomunitario Municipal, situado na primeira pranta do Concello.

Tal e como informou hoxe a edil de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, o obxectivo desta actividade é “intentar achegar as novas tecnoloxías ós vecinos da zona rural de Narón, que son os que o teñen máis complicado para acceder a elas”. Esta convocatoria ofrece dous niveis: iniciación e perfeccionamento. O primeiro dos cursos consta de 10 horas lectivas, mentres que o segundo suma 20 horas de clases prácticas.

O Concello desprazará ata os locais sociais municipais os equipos necesarios para imparti-las clases, que poderán celebrarse en horario de mañá ou de tarde. “Queremos empeza-los cursos no mes de xuño”, declarou a edil. O orzamento desta actividade ascende a 8.720 euros, que se repartirán entre o aluguer dos equipos informáticos e o apartado de formación.

Nos seminarios ensinaranse coñecementos básicos de informática (como escribir un documento en Word) e Internet. Neste último apartado serán os alumnos os que elixan as nocións que desexan aprender, como realizar trámites administrativos ou le-los xornais a través da rede.

As parroquias nas que se ofrecerán estes cursos son as seguintes: San Mateo, O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso, e Doso.

Narón, 19 de maio de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

O Concello achegará o uso das novas tecnoloxías ós veciños da zona rural

Publicado por PP Narón en 22 Abril 2008

A Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas, ven de anuncia-la posta en marcha, de xeito inminente, de cursos de formación en novas tecnoloxías, dirixidos ós veciños da zona rural. Trátase dunha iniciativa municipal, coa que o Concello de Narón pretende leva-lo programa de alfabetización dixital ALFATEC ós veciños do extrarradio. “Sabemos que a poboación da zona rural ten máis problemas de desprazamento que a urbana, e por iso pretendemos achega-los cursos a estes veciños a través dos locais sociais municipais”, sinalou ó respecto a Concelleira de Novas Tecnoloxías.

Paloma González Cuevas explicou que os cursos se dividirán en dúas fases, na primeira das cales se ensinarán –a través de equipos informáticos portátiles- os coñecementos básicos de informática. Unha vez superado este curso, os veciños terán a oportunidade de introducirse no mundo de Internet, para o cal dende o Concello se lles aportará a formación necesaria para saber navegar pola rede.

Co fin de darlle a maior difusión posible a estas dúas actividades, o Concello repartirá, nos locais sociais e tamén en establecementos públicos, unha serie de trípticos nos que se recolle toda a información ó respecto (número de prazas de cada curso, datas de celebración, contido do mesmo…).

As aulas informáticas habilitaranse nos diferentes locais das asociacións de veciños do rural, de xeito que o programa de alfabetización dixital poida chegar ó maior número de habitantes posible. Unha vez finalizados estes cursos de formación, dende o Concello se lles ofrecerá un terceiro seminario, incluido no Plan de Modernización Dixital do Concello de Narón. Este último servirá para que os participantes aprendan a realizar trámites administrativos co Concello a través de Internet.

Narón, 22 de abril de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | 1 comentario