Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Miguel Hermida’

As tres Escolas Infantís Municipais de Narón suman 260 novas solicitudes para o vindeiro curso 2009-2010

Publicado por PP Narón en 17 Abril 2009

A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida, ven de anuncia-lo número de solicitudes rexistradas no Concello para acceder ás Escolas Infantís Municipais (EIM) da Solaina, Piñeiros e A Gándara de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010. En total, recibíronse 260 novas solicitudes, ademáis das 154 reservas de prazas por parte de nenos que xa están escolarizados nestos centros.

A continuación detállanse os datos por centros e idades:

Solicitudes por idades:

  • -22 solicitudes de non nados./
  • -22 solicitudes de nados no 2009 (de 0 a 1 anos)
  • -112 solicitudes de nados no 2008 (de 1 a 2 anos)
  • -104 solicitudes de nados no 2007 (de 2 a 3 anos)

Solicitudes por escolas:

  • -81 para a Escola Infantil da Solaina
  • -87 para a Escola Infantil de Piñeiros
  • -92 para a Escola Infantil da Gándara

Por escolas e idades:

  • -EIM da Solaina: 3 solicitudes de non nados, 5 de nados no 2009, 37 de nados no 2008, 36 de nados no 2007.
  • -EIM de Piñeiros: 12 solicitudes de non nados, 6 solicitudes de nados no 2009, 36 solicitudes de nados no 2008, e 33 solicitudes de nados no 2007.
  • -EIM da Gándara: 7 solicitudes de non nados, 11 solicitudes de nados no 2009, 39 solicitudes de nados no 2008, e 35 solicitudes de nados no 2007.

Reservas de praza (alumnos/as que xa están nas EIM):

  • -52 reservas na Solaina
  • -50 reservas en Piñeiros
  • -52 reservas na Gándara

Segundo apuntou o Edil de Infancia, Miguel Hermida, as listaxes definitivas de admitidos daranse a coñecer no mes de xuño, logo de reunirse a comisión de baremación.

Á hora de adxudicar as prazas, terán preferencia os nenos que xa estivesen matriculados no centro durante o pasado curso, seguidos daqueles que xa teñan un irmán no centro. O segundo grupo preferente é o dos fillos/as do persoal que traballe nas escolas infantís municipais, e por último os novos ingresos que acaden o baremo máis alto, segundo os criterios que se explican a continuación:

O Concello primará ás parellas que traballen fóra do fogar familiar (6 puntos sumando pai e nai), ás familias monoparentais (3 puntos), ás familias numerosas (3 puntos), ás familias afectadas por minusvalidez física, síquica ou sensorial ou enfermidades que requiran tratamento (2 puntos), fillos nados en parto múltiple (1 punto), familias con persoas a cargo (1 punto). A isto sumaranse 2 puntos por cada membro da unidade familiar. Ademais, os desempregados terán outros 2 puntos.

Tamén se baremarán outras cuestións coma a situación laboral e os ingresos familiares, dando prioridade ás rendas máis baixas.

O número total de solicitudes para o vindeiro curso 2009-2010 aumentou en sete respecto ó ano pasado, no que se rexistraron 253 novas peticións. /p>

Para este ano, ofrécense preto de 270 prazas (90 por cada centro) en quendas de mañá e tarde, pero esta cifra podería aumentar xa que moitos pais elixen horario de media xornada, deixando a praza libre no resto do día. Aínda así, os nenos con reserva de praza (154) xa teñen asegurada a súa continuidade, polo que as prazas libres vense reducidas por esta circunstancia.

Estos datos revelan a necesidade de construir unha nova gardería, idea coa que se está a traballar, para a zona de Xuvia. A elección do lugar responde ó crecemento da poboación de Narón e tamén de dispersión xeográfica, co fin de descentralizar servizos do triángulo Santa Icía-Alto do Castiñeiro-A Gándara, algo no que incidíu especialmente o edil de Infancia, Miguel Hermida.

Narón, 17 de abril de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »

O Concello pecha hoxe o prazo de inscrición nas tres Escolas Infantís Municipais

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

A Concellería de Infancia, dirixida polo edil Miguel Hermida, pechou hoxe o prazo de inscrición nas Escolas Infantís Municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara para nenos/as de 3 meses a 3 anos de idade, de cara ó vindeiro curso escolar 2009-2010.

O Concello oferta un total de 16 novas prazas para nenos de 0 a 1 ano en cada unha das tres Escolas Infantís Municipais (EIM). Ademais, existen outras 26 prazas para nenos de 1 a 2 anos, e 40 prazas para nenos de 2 a 3 anos en cada EIM, aínda que teñen preferencia os nenos que xa estivesen escolarizados neste curso.

A documentación que debían achega-los proxenitores é a seguinte:

a) Documentación da situación familiar

  • Fotocopia cotexada do Libro de Familia e/ou cartilla de familia numerosa.
  • Fotocopia cotexada dos DNI ou NIE dos proxenitores ou titores.
  • Certificado de empadroamento e convivencia que será expedido polo Concello, no caso dos veciños de Narón.
  • Copia cotexada da sentenza de separación, nulidade ou divorcio, ou calquera outra documentación acreditativa da circunstancia socio-familiar alegada.

b) Documentación da situación económica

  • Copia cotexada da última declaración da renda de tódolos membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado acompañarase certificado de imputación de rendas expedido pola Delegación de Facenda; copia cotexada das dúas últimas nóminas; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitido polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada dos mesmos e xustificante laboral de proximidade ás EIM.
  • Os autónomos acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
  • Certificado de intereses e retencións bancarias.
  • Certificado ou Informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Certificado do departamento de rendas do concello, de tódolos membros da unidade familiar (tramítase dende o propio departamento do Concello).
  • Outros documentos, se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo.

Horario e prezos para o Curso 2009–2010

  • Apertura do centro: 7:30 a 20:00
  • Xornada de mañá: 9:30 a 13:30
  • Xornada de tarde: 15:30 a 19:30 ou de 16:00 a 20:00
  • Xornada completa: 8 horas

Prezo por asistencia

Fíxase en 110 € mensuais para a xornada completa e de 76,45 € mensuais para a media xornada. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais:

  • Inferiores ó 50% do SMI              -> Redución do 100%  -> Non paga.
  • Entre o 50% e o 75% do SMI      -> Redución do 70%    -> Paga 33 euros.
  • Entre o 76% e o 99% do SMI      -> Redución do 40%    -> Paga 66 euros.
  • Entre o 100% e o 150% do SMI  -> Redución do 10%    -> Paga 99 euros.

Prezo por servizos complementarios

a) Nos centros que presten outros servizos, os prezos ós que fai referencia o punto 1 incrementaranse segundo os servizos dos que o neno sexa usuario:

  • Servizo de comedor: o prezo por este servizo fíxase en 33 euros mensuais. No caso de nenos que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día, o prezo será de 2 euros por día.
  • Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros.

b) Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse reducións totais ou parciais:

  • Inferiores ó 30% do SMI, redución do 100%.
  • Entre o 30% e o 100% do SMI, redución do 50%

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »

El PP presenta sus propuestas en materia de Educación, reclamando inversiones para los centros educativos de Narón

Publicado por PP Narón en 10 Febrero 2009

El Partido Popular presentó esta mañana las líneas generales del programa de Educación del próximo gobierno de Alberto Núñez Feijóo. La presentación corrió a cargo de la portavoz del PP de Narón, y candidata número 13 de la lista provincial del PP, Ángeles Díaz Pardo, que acudió acompañada por el concejal Miguel Hermida, y por el representante de las AMPAS de los colegios de Narón en la Comisión Permanente del Consello Escolar Municipal, y presidente de la AMPA del Colegio de O Feal, Salvador Basoa. Díaz explicó que el PP considera fundamental el papel de la educación como garantía para fomentar la igualdad entre las personas, por eso es un punto fundamental dentro del programa de gobierno de Feijoo.

INCUMPLIMIENTOS DEL BIPARTITO

Ángeles Díaz explicó que en los cuatro años del bipartito se produjo “un retroceso en la calidad de la educación importantísimo. Galicia ha pasado de ser la tercera comunidad en resultados académicos a ser la sexta”, explicó Díaz.

La portavoz popular denunció que “en los presupuestos de la Xunta, Educación ha perdido peso, hay menos dinero para Educación que en los años anteriores, y además se discrimina a los colegios concertados, frente a los públicos en lo que se refiere a los comedores escolares. A nosotros nos parecen fundamentales para conciliar la vida laboral y familiar”, explicó Díaz Pardo.

Por otro lado, la representante del PP explicó que desde el PP se denuncia el incumpliendo de la ratio de alumnos por aula en educación infantil que, a pesar de haberse establecido en 15, la realidad de las aulas es que dicha ratio se sitúa en los 25 alumnos por aula.

LAS PROPUESTAS DEL PP

“El PP propone un pacto social en las aulas, para mejorar la convivencia en ellas, partiendo de la idea de que la educación es cosa de tres: de las familias, del profesorado y del alumnado. El PP propone incentivar el esfuerzo del alumnado y reforzar la autoridad del profesor”, sentenció Díaz

Respecto a las instalaciones, el PP propone un plan a 4 años para la reparación de todos los colegios públicos, ya que muchos de ellos tienen más de 40 años, explicó Ángeles Díaz, señalando que el colegio Ponte de Xuvia incluso tiene goteras.

“Dotar de instalaciones deportivas cubiertas a todos los centros educativos de Ferrolterra, y universalizar el comedor escolar. Respecto al personal, se quiere potenciar la figura del educador social para atender a los alumnos con deficiencias, así como incrementar el personal administrativo para liberar al profesorado del papeleo y de la burocracia que le merma tiempo lectivo”, explicó Díaz.

El PP apuesta por incorporar las nuevas tecnologías a las aulas, con un plan de ayudas para la adquisición de ordenadores portátiles a los alumnos de secundaria, así como la creación de un portal educativo con contenidos específicos para cada uno de los miembros de la Comunidad Educativa.

“Frente al monolingüismo que se quiere imponer desde otros sectores, apostamos claramente por el trilinguismo, el reto del PP es que la mitad de los colegios a final de la legislatura sean trilingües”, sentenció Díaz.

En cuanto a la Formación Profesional, el programa del PP propone adaptarla a las necesidades del mercado laboral. En cuanto a las universidades, Ángeles Díaz explicó que el PP peleará por que todas las titulaciones del espacio europeo estén presentes en Galicia.

RECLAMACIONES DE LAS AMPAS

Por su parte, el representantes de las AMPAS de los colegios de Narón en la Comisión Permanente del Consello Escolar Municipal, y presidente de la AMPA del Colegio de O Feal, Salvador Basoa, explicó que desde las AMPAS llevaban meses reuniéndose con el delegado de educación, pero que no se han traducido en inversiones. Basoa criticó las escasas inversiones acometidas por el bipartito en los colegios de Narón a lo largo de los últimos 4 años. “Hoy por hoy tenemos colegios en Narón donde los niños tienen que estar con abrigo en clase, porque no tienen calefacción”, explicó Salvador Basoa, en referencia a los colegios de A Solaina y Virxe do Mar. “Una de nuestras pretensiones es que no se trasladen un único centro a todos los niños con diversidad funcional, alejándolos de su lugar de residencia”, explicó, al tiempo que reclamó administrativos en todos los colegios.

Basoa explicó que otra de las reclamaciones de las AMPAS es la dotación de patios cubiertos en todos los centros. “Lo que está claro es que nuestros niños en época de lluvia necesitan esos patios”, sentenció, al tiempo que reclamó la extensión de los comedores escolares a todos los centros. Basoa criticó las deficiencias del nuevo colegio de Domirón, y reclamó a Educación que proceda a solventar todas esas deficiencias. “Hoy nos encontramos que Narón crece día a día, y que es necesario una reorganización de los centros”, explicó.

UN NUEVO CENTRO EDUCATIVO EN LA ZONA DEL ALTO

Por su parte, el edil popular Miguel Hermida explicó que desde el PP se reivindica la construcción de un nuevo centro en la zona del Alto del Castaño, dado el crecimiento experimentado en la zona. Miguel Hermida calificó como insuficiente el colegio de Domirón, concebido unicamente para educación infantil.

Miguel Hermida recordó que el PP presentó enmiendas a los Presupuestos de la Xunta del 2009 pidiendo fondos para la construcción de este nuevo centro y para reparar el resto de centros existentes, y que dichas enmiendas fueron rechazadas en el Parlamento de Galicia por socialistas y nacionalistas. El edil popular explicó que el Ayuntamiento de Narón ha destinado fondos propios durante los últimos años para tratar de paliar la falta de inversión autonómica en el mantenimiento de los centros educativos. “El compromiso del Partido Popular es que esos fondos de 500.000 euros para iniciar las obras de un nuevo centro educativo en el Alto, y 1,7 millones de euros para el mantenimiento y la realización de obras de mejora en otros centros, se incluyan en los presupuestos”, explicó el edil popular.

Narón, 10 de febrero de 2009

Publicado en Prensa | Etiquetado: , , , , , , , | Deja un Comentario »

O Alcalde de Narón e a presidenta da asociación Teima firman un convenio para continuar coa formación laboral das persoas con síndrome de Down

Publicado por PP Narón en 27 Enero 2009

O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, e a presidenta da asociación de enfermos de síndrome de Down “Teima”, Patricia Serantes, firmaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá a esta entidade seguir ofrecendo formación laboral ós seus usuarios nas instalacións do Concello de Narón. A principal beneficiaria será Margarida Amarelo, que xa viña desenvolvendo un programa de formación no departamento de Intervención, e coa renovación do convenio feita hoxe seguirá no mesmo posto.

O convenio establece unha subvención de 11.700 euros anuais -dos que a Concellería de Servizos Sociais Xerais aporta 6.000 euros e a Concellería de Formación Laboral os 5.700 euros restantes- e recolle unha novidade importante respecto ó convenio do ano anterior: o acordo será por dous anos prorrogables automaticamente, sen necesidade de firmalo de novo no 2010. A asociación Teima ocuparase de seleccionar a outros usuarios que tamén se incorporarán ó Concello en virtude deste acordo.

O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, declarou que “é unha honra poder seguir colaborando con esta asociación, e continuar coa labor que iniciamos fai dous anos e medio”. Blanco recalcou a importancia de integrar social e laboralmente ás persoas con síndrome de Down, para que a súa vida sexa o máis sinxela posible.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Hermida, engadiu que dende o Concello apóstase por “axudar á formación e á mellora da calidade de vida destas persoas. Estamos moi contentos co traballo de Marga e queremos seguir nesta liña”, dixo. Pola súa banda, a responsable de Formación Laboral, a concelleira Paloma González, destacou as dúas vertentes que ten este convenio -a formativa e tamén a parte social- e incidíu na importancia de iniciativas coma esta.

A presidenta de Teima, Patricia Serantes, concluíu agradecendo ó Concello de Narón “a súa aposta pola integración das persoas con síndrome de Down, xa que para elas resulta moi importante que poidan aprender unha profesión nun lugar coma este”. Serantes tamén recordou que “logo da formación, ven o emprego”, incitando ás administracións a reservar un número de prazas na súa oferta pública de emprego para persoas con minusvalías psíquicas.

Narón, 27 de xaneiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Concello denuncia o retraso na aplicación da Lei da Dependencia en Narón por parte da Xunta de Galicia

Publicado por PP Narón en 13 Enero 2009

O Concelleiro de Servizos Sociais Xerais, Miguel Hermida, e a primeira Tenente de Alcalde, Ángeles Díaz, denunciaron hoxe o incumprimento da anunciada Lei de Dependencia da Xunta de Galicia en Narón. Os representantes do goberno municipal criticaron a aplicación da lei neste municipio, onde ata hoxe xa faleceron 25 persoas á espera de recibir axudas ó amparo desta prestación social.

Segundo informou Miguel Hermida, dende a aprobación da Lei da Dependencia ata o 31 de decembro de 2008, presentáronse no Concello un total de 504 solicitudes, das que unicamente 285 foron valoradas pola Vicepresidencia de Igualdade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia e, dentro desas, resolveuse aplicar coidados a 101 dependentes. Isto significa que aínda seguen sen atender un total de 403 persoas que precisan axuda no seu día a día.

Estos datos confirman que existen 220 naroneses que se atopan á espera de que a Xunta atenda a súa solicitude de axuda e realice a correspondente valoración para poder percibila. A día de hoxe, en Narón estase a prestar asistencia a 61 persoas mediante subvencións para o coidado do dependente, e outras 37 persoas perciben axuda no fogar, ademáis de 3 persoas ás que se lles financia a residencia.

Estas cifras son, en todo caso, insuficientes xa que hai máis de dous centenares de veciños de Narón que precisan de axuda “e o bipartito nin sequera estudiou as súas solicitudes”, lembrou o Concelleiro de Servizos Sociais. Miguel Hermida engadiu que “Vicepresidencia está a actuar con tanta lentitude que, en moitos casos, cando o fai xa é demasiado tarde ou cambiou o grado de dependencia dos solicitantes”.

Cos datos enriba da mesa a tenente de Alcalde, Ángeles Díaz, explicou que a aplicación real desta lei arrastra un enorme retraso, o que está xerando graves prexuízos para os dependentes de Narón “que ven como Vicepresidencia da Xunta destina máis recursos a publicidade que a axudas directas ós dependentes, publicando máis anuncios nos xornais que persoas ás que atendeu”.

Díaz calificou a política da Xunta nesta materia coma indigna e inaceptable, xa que o goberno autonómico está a destinar moitos dos seus recursos “a publicita-los servizos dunha lei que ó final case ninguén percibe e os dependentes vense obrigados a mendigar para recibir unhas prestacións recoñecidas na lei, e que a incompetencia da Vicepresidencia converte en inaccesible”.

A tenente de Alcalde lembrou, ademáis, que “Vicepresidencia está a prestar un servizo que, na súa maioría, xa o aplicaban de xeito máis eficiente os concellos. Sempre houbo ingresos en residencias para as persoas dependentes que o requerían, ou o servizo de axuda no fogar para os que o precisaban”, declarou.

Por todo, Ángeles Díaz fixo un chamamento ós solicitantes da Lei de Dependencia “para que reclamen os seus dereitos”.

Narón, 13 de xaneiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Servizos Sociais Xerais aumenta notablemente as axudas para material escolar e libros de texto para o curso 2008-2009

Publicado por PP Narón en 18 Septiembre 2008

O Concello de Narón celebrou na mañá de hoxe a Comisión Informativa de Desenvolvemento da Actividade Social, na que o Concelleiro de Servizos Sociais do Partido Popular, José Miguel Hermida, informou sobre as axudas para material didáctico, escolar e libros de texto para o curso 2008-2009, destinadas a familias con necesidades sociais básicas.

Estas axudas buscan facer efectiva a igualdade de oportunidades de acceso á educación, particularmente nun tempo na que a crise económica agudiza os problemas que xa veñen padecendo determinadas familias. Por este motivo, as cantidades experimentaron un notable incremento neste curso, en cada un dos tres niveis educativos en que están divididas: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, e Bacharelato e Ciclos Medios de Formación Profesional. José Miguel Hermida sinalou ademais que, no caso de teren xa comprado o material ou os libros, as familias que así o desexen poderán optar ás axudas presentando os recibos da súa compra.

As solicitudes poderanse presentar ata o día 30 de setembro no Rexistro de Entrada do Concello de Narón, onde tamén se poden consulta-las bases e a relación da documentación.

Asimesmo, o Concelleiro de Servizos Sociais informou na Comisión sobre a convocatoria de axudas para o Bono-Bus de transporte universitario, que se abriu onte, e que subvencionarán o 50% do importe para o traslado diario ás instalacións da Universidade da Coruña en Ferrol e A Coruña. As solicitudes deben presentarse no Rexistro do Concello de Narón de 8:30 a 13:30 horas ata o día 1 de outubro.

Narón, 18 de setembro de 2008.

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

Horarios de apertura del Comité Local y de atención al público de los Concejales del PP

Publicado por PP Narón en 4 Septiembre 2008

Queridos amigos.

Ha comenzado el nuevo curso político y toca ponerse a trabajar de nuevo. Para intentar facilitaros lo más posible el acceso a los Concejales y a los miembros del comité local, a continuación os indicamos cuándo y dónde podéis encontrarnos.

En nuestra SEDE LOCAL, cuya dirección tenéis en el margen derecho de esta página, podréis encontrarnos de LUNES a JUEVES de 19.30 a 21.00 hrs. También los SÁBADOS en horario de 11.00 a 13.00 hrs.

En el AYUNTAMIENTO, los Concejales del PP de Narón, para atención al público, tienen establecidos los siguientes días:

  • María Ángeles Díaz Pardo: Los MIÉRCOLES de 10.00 a 12.00 hrs. en la segunda planta del Ayuntamiento.
  • Serafín González Pena: Los MIÉRCOLES de 10.00 a 12.00 hrs.
  • José Miguel Hermida Dopico: Los VIERNES de 09.00 a 11.00 hrs.
  • José Carlos Díaz Ramil: Los MARTES de 10.00 a 12.00 hrs.
  • Paloma González Cuevas: Los LUNES de 10.00 a 12.00 hrs.

Todos ellos, salvo Ángeles Díaz, atienden en la tercera planta del Ayuntamiento.

Además, disponemos de una OFICINA DE ATENCIÓN A LOS CIUDADANOS en el entresuelo del edificio del Ayuntamiento, donde también os informaremos de todo cuanto necesitéis. Se encuentra abierta de LUNES a VIERNES, en horario de mañana.

Narón, 4 de septiembre de 2008.

Publicado en Ayuntamiento, Instituciones | Etiquetado: , , , , , , , | Deja un Comentario »

O Concello firma un convenio con Institucións Penitenciarias para a realización de penas de traballo en beneficio da comunidade

Publicado por PP Narón en 21 Julio 2008

O Concello de Narón ven de anuncia-la firma dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias, para o cumplimento de penas de traballo en beneficio da comunidade, segundo informou hoxe en rolda de prensa o Concelleiro de Servizos Sociais Xerais, Miguel Hermida.

O acordo será remitido agora á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) quen, á súa vez, o enviará á directora xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo Llamas, para que o asine e o remita de volta ó Concello. Unha vez feito este trámite, o goberno local iniciará o proceso de selección de cinco persoas -veciñas de Narón e sen antecedentes penais- que foran condeadas con penas leves, para ofrecerlle-la súa sustitución por traballos en beneficio da comunidade.

O citado convenio contempla cinco postos de traballo vinculados ós servizos municipais. Dous deles corresponden a servizos sociais (os penados realizarán tarefas de acompañamento de persoas discapacitadas cando leven a cabo xestións ante administracións, e visitas ó médico) e outros tres para tarefas de mantemento e conservación de edificios públicos (aquí se inclúe tamén a limpeza de graffitis, e a recuperación de instalacións municipais).

Estes cinco postos de traballo están regulados na Constitución Española, tal e como lembrou hoxe o Concelleiro de Servizos Sociais Xerais. Miguel Hermida sinalou que os beneficiarios deste convenio -que ten unha duración dun ano- deberán ser persoas residentes en Narón, maiores de 18 anos de idade e sen antecedentes penais. As condenas impostas tampouco deberán ser máis que penas leves, e serán os propios penados os que decidan, en último termo, se aceptan realizar estes traballos ou prefiren ingresar en prisión.

A primeira Tenente de Alcalde, Ángeles Díaz, engadiu a este respecto que “a finalidade do convenio é que as persoas traten de integrarse no seu municipio, en lugar de ir á cadea. É moito máis positivo que teñan a opción de recapacitar e poder reinsertarse socialmente”, dixo.

O programa de reinserción social dos penados estará supervisado polo Xuiz de Vixiancia Penitenciaria correspondente e os xefes de servizo do Concello, quen corre cos gastos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. A xornada de traballo será dun mínimo de 4 e un máximo de 8 horas diarias.

Narón, 21 de xullo de 2008

.

Publicado en Ayuntamiento, Instituciones, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »