Publicado por PP Narón en 30 Abril 2009
Un grupo de 10 alumnos/as de 1º curso da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña visitou onte o Concello de Narón, onde tomaron contacto directo coas materias que están a estudar nesa diplomatura. Os participantes estiveron acompañados pola profesora Mª de las Nieves Peiro Graner, e recibiron unha charla na que se lles explicou como é o traballo diario do arquiveiro e do auxiliar de arquivo, e como funciona o Arquivo Municipal.
A continuación, baixaron ata o sótano da Casa Consistorial para visita-las instalacións que albergan o Arquivo Municipal, incluido o Arquivo Histórico. Os estudantes universitarios coñeceron o material de uso diario do arquivo (como carpetas, fichas, caixas, e libros de rexistro) e se lles explicou o proceso de dixitalización do mesmo, a través do programa informático “Albalá”.
Finalmente, os estudantes de Biblioteconomía e Documentación ollaron algunhas das antigas fotografías que forman parte do arquivo municipal, e que están dispoñibles no seguinte enderezo web: www.arquinaron.es.
A xestión do Arquivo Municipal é competencia da Concellería de Novas Tecnoloxías e Protocolo, dirixida pola edil Paloma González Cuevas.


Narón, 30 de abril de 2009
Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: Ayuntamiento, Biblioteconomía, Nuevas Tecnologías, Paloma González, Prensa, Universidade da Coruña | Deja un Comentario »
Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009
A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Paloma González Cuevas, está a valorar nestes días as solicitudes presentadas polas asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, de cara á cesión de material informático en propiedade.
Durante o prazo no que se mantivo aberta a convocatoria, o Concello de Narón recibiu preto de 40 solicitudes que nestes días se baremarán tendo en conta unha serie de criterios como o número de socios das entidades, o programa de actividades que desenvolven e se requiren o uso de ordenadores, e o local no que realizan o seu traballo. (As bases desta convocatoria permanecen expostas na páxina web municipal, www.naron.es, por si desexades consultalas).
A comisión de valoración estará integrada por tres técnicos dos departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario. Eles serán os encargados de baremar dende hoxe as solicitudes, e se reunirán o vindeiro día 3 de abril para dar a coñece-los nomes das entidades ás que se entregarán os equipos informáticos.
Narón, 31 de marzo de 2009
Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: Asociaciones, Ayuntamiento, Nuevas Tecnologías, Ordenadores, Paloma González, Prensa | Deja un Comentario »
Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009
O Concello de Narón, a través das Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, levou a cabo un curso para maiores sobre o uso do teléfono móbil, que organizou a empresa Vodafone.
O curso desenvolveuse en dúas quendas:
- Xoves 26 de marzo: Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores (rúa Illa San Vicente)
- Venres 27 de marzo: Centro de Maiores de Pedroso.
Paloma González Cuevas e Mª del Carmen Espada, responsables de Novas Tecnoloxías e Maiores, resaltaron o éxito desta convocatoria, na que se ensinarán ós asistentes os trucos e consellos prácticos para manexar con facilidade o seu terminal.
Narón, 31 de marzo de 2009
Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: Ayuntamiento, Nuevas Tecnologías, Paloma González, Prensa, Uso del teléfono móvil | Deja un Comentario »
Publicado por PP Narón en 25 Febrero 2009
A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de anuncia-la cesión en propiedade de material informático municipal ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
Trátase dunha nova iniciativa que permitirá desafectar 30 ordenadores que no seu día pertenceron ás instalacións da Biblioteca Municipal do Alto, que dende o pasado mes de xaneiro dispón de novos equipos informáticos. Este material se cederá en propiedade ás asociacións e entidades con sede ou delegación permanente en Narón, mediante unha convocatoria pública.
Os interesados poden descarga-las bases da convocatoria e o impreso de solicitude da páxina web municipal (www.naron.es) ou ben solicitalo no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para participar nesta convocatoria é de 15 días hábiles e comezou o día 23 deste mes.
Xunto coa instancia debidamente cuberta, as asociacións deberán presentar no Rexistro Xeral a seguinte documentación:
- Declaración xurada da súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.
- Datos sobre o número de socios que compoñen a asociación, e os fins da dita asociación, segundo se recolle nos seus Estatutos, e colectivo ao que se dirixe.
- Memoria das actividades realizadas pola entidade no último ano.
- Fotocopia compulsada do Número de Identificación Fiscal.
As solicitudes serán valoradas por un órgano colexiado formado por tres técnicos do Concello de Narón (pertencentes ós departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario). Esta comisión terá en conta unha serie de criterios á hora de valorar as solicitudes: o número de socios, a dispoñibilidade dun local con apertura ó público a diario ou á semana, o programa de actividades que desenvolve, o orzamento anual do que dispón, a organización de accións docentes en materia de novas tecnoloxías que precisen destos equipos informáticos, o número de ordenadores dos que xa dispoñen e que foron doados polo Concello, e o grao de cumprimento e actualización de datas no Rexistro de Asociacións.
Narón, 25 de febreiro de 2009
Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: Asociaciones, Ayuntamiento, Nuevas Tecnologías, Ordenadores, Paloma González, Prensa | Deja un Comentario »