Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Obras’

O Concelleiro de Obras recepcionou a terceira fase do parque fluvial do Rio Freixeiro, na que se investiron máis de 200.000 € no seu acondicionamento

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

O Concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil, recepcionou a terceira fase das obras de acondicionamento do parque fluvial do Río Freixeiro. Trátase dunha actuación que comprende unha superficie de máis de 13.000 metros cadrados sobre a que se realizou un desbroce xeral e se construiu unha escollera previa ó río Freixeiro, composta por 525 metros cadrados lineais de pedra granítica.

Os traballos tamén incluiron a prantación de 2.600 metros cadrados de céspede, ademáas das correspondentes bocas de rego e as canalizacións de drenaxe de augas. Tamén se acondicionaron dúas sendas peatonais e dúas pontes de madeira de 9 e 12 metros de longo, respectivamente, que atravesan o río. A intervención completouse coa dotación de 22 novos puntos de luz e mobiliario urbano (farolas e bancos idénticos ós do resto do parque fluvial de Freixeiro), e a prantación de árbores.

As obras desenvolvéronse durante un prazo de seis meses, e foron adxudicadas á empresa Iversilva –pertencente ó grupo ENCE- por un importe total de 243.493 euros.

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Concelleiro de Obras Públicas, reúnese con responsables de FEVE e da empresa construtora das obras

Publicado por PP Narón en 7 Noviembre 2008

O Concelleiro de Obras Públicas, Carlos Díaz Ramil, mantivo na mañá de onte unha reunión cos responsables de FEVE, da empresa construtora, FCC, e da dirección da obra, Singla, ante a inquedanza que xurde no Concello por mor das obras de desdobramento da vía de FEVE, paradas e acumulando retraso.

Na reunión tratouse de novo o proxecto inicial para acomete-las obras necesarias nas infraestruturas para o dito desdobramento. Ramil obtivo o compromiso de que serán iniciados de inmediato os ancheamentos no paso do río Pedregal e os traballos nos dous pasos inferiores na zona da Revolta, de 12 e 5 metros respectivamente, así como tamén o de que se acometerá o ancheamento do paso inferior na rúa Armada Española, tamén de 12 metros. Este último, suxeito á aprobación da Consellería de Industria e do permiso de Fenosa. O resto de obras do proxecto acometeranse en fases posteriores.

Carlos Díaz Ramil, pola súa parte, manifestoulle-la súa intención de que se leven a cabo tódalas obras, por consideralas necesarias e de grande importancia para Narón. Tódolos asistentes quedaron emprazados para posteriores reunións nas que se tratarán esas fases seguintes das obras e se manterá informado ó Concello da súa evolución.

Narón, 7 de novembro de 2008.

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

O Concello anuncia o corte temporal da rúa Armada Española a causa das obras de desdoble da vía de Feve

Publicado por PP Narón en 27 Junio 2008

O Concelleiro de Obras de Narón, Carlos Díaz Ramil, ven de anuncia-lo corte da rúa Armada Española, situada en Santa Icía, e que une a Estrada de Castela coas vivendas de Virxe do Mar. O peche ó tráfico desta rua realizouse no día de hoxe, co obxectivo de levar a cabo os traballos de desdoblamento da vía de Feve ó seu paso por este lugar.

Aínda que o corte de tráfico depende de Ferrocarrís de Vía Estreita (FEVE), o responsable de Obras Públicas do Concello, Carlos Díaz Ramil, explicou que os traballos que se executarán nesa zona consistirán no ensanchamento da ponte que discorre por debaixo da vía, ata chegar ós 12 metros. Tamén está previsto o acondicionamento do apeadoiro de Virxe do Mar, de cara ó desdobramento da liña ferroviaria.

Dende o Concello se recomenda ós condutores acceder a este lugar pola rotonda da Ponte das Cabras, mentres permaneza cortada ó tráfico a rúa Armada Española.

Narón, 26 de xuño de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

O Concello chega a un acordo con Fomento para construir unha rotonda no entorno da Estrada da Trincheira

Publicado por PP Narón en 19 Mayo 2008

O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e o Concelleiro de Obras Públicas, Carlos Díaz Ramil, reuníronse hoxe en A Coruña co xefe da Demarcación de Estradas de Galicia -dependente do Ministerio de Fomento-, Angel del Río. Este encontro foi definido polo rexedor como “moi satisfactorio”, xa que se aceptaron algunhas das propostas prantexadas polo Concello.

A principal é que se construirá, na conexión entre a Estrada da Trincheira e o ramal da AP-9 en A Gándara, unha rotonda que permitirá regula-lo tráfico e incrementa-la seguridade viaria da zona. “Este é o maior logro conseguido na entrevista de hoxe, e que resulta moi importante xa que neste punto conflúe un polígono comercial e varios núcleos de poboación moi poboados”, sinalou o edil de Obras Públicas. A actuación completarase coa instalación de semáforos con pulsador, para mellora-las condicións de tránsito dos peóns.

Para facer posible esta actuación, o Concello destinará preto de 50.000 euros a dita obra e unha cantidade similar para actuacións complementarias nas zonas anexas ós ramais de A Gándara e Xuvia. “O Concello está disposto a aportar 100.000 euros para arranxa-los danos colaterais desta obra”, explicou o Alcalde. Tamén se actuará nas rúas que rodean ós ramais, coma as de Bispo Argaia ou Concepción Arenal, nas que se realizarán traballos complementarios de mellora.

Respecto á rotonda da estrada de Castela á altura de Megasa -feita fóra do eixo principal da vía-, os responsables de Fomento non teñen intención de rectificala, segundo lle fixeron saber hoxe ó Concello. Os políticos locais tratarán de consegui-la titularidade desta estrada para poder encargarse do seu mantemento. “Esta glorieta en principio seguirá onde está pero nós, cando teñamo-la titularidade da estrada, traballaremos para arranxar esta situación”, indicou o responsable de Obras Públicas de Narón, Carlos Díaz Ramil.

Ademáis, os representantes municipais presentaron hoxe ó Delegado de Fomento en Galicia un informe sobre as deficiencias no entorno dos ramais de A Gándara e Xuvia, que foi recollido por Angel del Río. Neste documento figuran actuacións que sería preciso realizar en distintos puntos do municipio, como na zona da Rúa Bispo Argaia, no Colmeote e Catro Camiños, en Longras ou en O Couto. Neste último vial, segundo recolle o informe redactado por técnicos municipais, habería que remata-las beirarrúas e servizos no entronque da variante coa rúa Souto Vizoso, repara-lo vial de acceso ó paso inferior e suprimi-lo paso a nivel de RENFE, e realizar unha protección das tuberías de abastecemento na súa entrada á ponte de A Picota.

En O Ponto solicítase a Fomento o pintado de dous pasos de peóns a ambos lados da glorieta da Estrada de Castela, e advírtese das reducidas dimensións da ponte da Estrada da Gándara (que incumpre os anchos de paso peonil e resulta case inaccesible a minusválidos).

En resumen, dende o Concello solicitouse a Fomento a revisión da sinalización viaria nas zonas anexas ós ramais, a instalación de barandas protectoras no entorno dos accesos, o cumprimento da lei de accesibilidade nas rampas de acceso ás beirarrúas (incumpren anchos e pendentes), a reposición total da iluminación e a reparación de desperfectos (como gretas en beirarrúas e pavimentos).

O Alcalde anunciou que os 50.000 euros habilitados para obras complementarias adicaranse a algunhas destas actuacións, xa que Fomento non ten pensado, polo de agora, facerse cargo destes traballos adicionais. Gato tamén lle expresou ó responsable da Demarcación de Estradas o seu malestar polo feito de que Fomento non cuide os talúdes da autoestrada ó seu paso por Narón “e tampouco nos permita a nós actuar aí. O ano pasado tivemos que amenazar con multalos se non adecentaban a entrada ó municipio, e agora estamos nunha situación similar”, explicou.

Aínda con todo, o primeiro edil sinalou que actualmente Narón “é un dos concellos mellor comunicados de toda Galicia, e cando rematen as obras de construcción da autovía Transcantábrica o será aínda máis”, finalizou.

Narón, 13 de maio de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Instituciones, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Concello anuncia a próxima licitación de obra pública por importe superior a un millón de euros

Publicado por PP Narón en 12 Abril 2008

O Concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil, anunciou hoxe a contratación, de xeito inminente, (sairá publicada no DOG ou no BOP nos próximos días) dun paquete de obras públicas por importe de 1.215.000,85 euros. Estas obras correspóndense coas seguintes actuacións:

  • Construción dun vestiario no Colexio de Piñeiros (57.000 euros).
  • Compra dun vehículo para alumeado público (81.200 €) e outro para o Alguacil (11.900 €).
  • Remate da urbanización do parque fluvial de Freixeiro (349.200 €)
  • Cubrición do polideportivo de Castro (244.550 €)
  • Construción de vestiarios no campo de fútbol de Piñeiros (266.250 €)
  • Urbanización do vial perimetral do polígono de A Gándara (46.250 €)
  • Construción de beirarrúas na rúa Ferro Couselo (25.500 €)
  • Construción da praza pública de O Alto (80.500 €)
  • E construción dunha nova glorieta no polígono de Río do Pozo (53.500 €).

Ademáis destas actuacións, o edil Carlos Díaz Ramil lembrou que xa están adxudicadas as seguintes:

  • A urbanización dunha rúa de nova apertura en As Viñas (184.636,33 €)
  • A urbanización do parque do Cadaval (203.501,02 €)
  • E a construción dunha piscina recreativa no Pavillón de A Gándara (212.661,62 €).

Estas tres intervencións suman un total de 600.798,97 euros.

Centro de saúde

A Alcaldesa accidental, e portavoz do PP no Concello, Angeles Díaz, compareceu hoxe xunto a Carlos Ramil en rolda de prensa para respostar ás últimas declaracións feitas polo PSOE respecto a construción dun novo Centro de Saúde en Narón. Díaz lembrou que os socialistas defenderon ata duas ubicacións distintas para este servizo en menos de tres meses, e pedíulles un pouco máis de seriedade con este tema. “No entendemos el cambio drástico de postura del PSOE. El 22 de Enero proponían ubicarlo en la carretera de Cedeira, junto a la nave de Cabalar, y el pasado 3 de Abril plantean como mejor alternativa una parcela situada frente a la antigua fábrica de Arzúa”, lembrou Díaz.

A primeira Tenente de Alcalde asegurou que “o Concello aínda non ten tomada decisión algunha sobre este tema; primeiro temos que coñecer cal é a proposta da Consellería de Sanidade para Narón”, recalcou.

Narón, 10 de abril de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

A Tenente de Alcalde recibíu hoxe do Delegado de Política Territorial o proxecto para mellora-la seguridade vial na Estrada de Cedeira

Publicado por PP Narón en 12 Abril 2008

A primeira Tenente de Alcalde de Narón, Angeles Díaz Pardo, recibiu hoxe de mans do Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González Fernández, o Proxecto de mellora da seguridade vial da Estrada de Cedeira (denominada AC-566) entre os puntos quilométricos 1+150 e 2+570, ó seu paso polo Polígono Industrial de As Lagoas.

O proxecto, que executará a Xunta de Galicia, contempla a construción de novas intersecións e variantes, e inclúe unha nova glorieta de 40 metros de diámetro exterior para canaliza-los tráficos da Estrada de Cedeira. As obras consistirán, principalmente, na construción de dúas vías de servizo (unha a cada un dos lados da estrada principal) para canaliza-lo tráfico de entrada e salida do polígono. Tamén se mellorará a circulación peonil, coa construción de beirarrúas (de 2 metros) ó longo do tramo, e prazas de estacionamento (de 2,50 metros). Inclúe, asimesmo, unha nova sinalización vertical e horizontal, o reforzó do firme ó longo de toda a estrada principal, e a iluminación da mesma e das glorietas.

A alcaldesa accidental, Angeles Díaz Pardo, aproveitou a presenza do Delegado de Política Territorial en Narón para expoñerlle a problemática xurdida a raíz da construcción dunha rotonda na zona de Xuvia, fóra do eixe principal da Estrada de Castela. Aínda que as obras están a ser executadas polo Ministerio de Fomento (forman parte dos traballos complementarios á construción dos ramais da AP-9), é a Xunta de Galicia –como titular da estrada- quen emitíu a correspondente autorización para levalas a cabo. Angeles Díaz alertou tamén a Alberto González sobre a sinalización instalada nas proximidades desa rotonda, que obstaculiza a actividade normal dun negocio ubicado nesa zona.

Narón, 7 de abril de 2008

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »