Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Ordenadores’

A Concellería de Novas Tecnoloxías recibe preto de 40 solicitudes para a cesión de ordenadores en propiedade

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Paloma González Cuevas, está a valorar nestes días as solicitudes presentadas polas asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, de cara á cesión de material informático en propiedade.

Durante o prazo no que se mantivo aberta a convocatoria, o Concello de Narón recibiu preto de 40 solicitudes que nestes días se baremarán tendo en conta unha serie de criterios como o número de socios das entidades, o programa de actividades que desenvolven e se requiren o uso de ordenadores, e o local no que realizan o seu traballo. (As bases desta convocatoria permanecen expostas na páxina web municipal, www.naron.es, por si desexades consultalas).

A comisión de valoración estará integrada por tres técnicos dos departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario. Eles serán os encargados de baremar dende hoxe as solicitudes, e se reunirán o vindeiro día 3 de abril para dar a coñece-los nomes das entidades ás que se entregarán os equipos informáticos.

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías cederá material informático ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións

Publicado por PP Narón en 25 Febrero 2009

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de anuncia-la cesión en propiedade de material informático municipal ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

Trátase dunha nova iniciativa que permitirá desafectar 30 ordenadores que no seu día pertenceron ás instalacións da Biblioteca Municipal do Alto, que dende o pasado mes de xaneiro dispón de novos equipos informáticos. Este material se cederá en propiedade ás asociacións e entidades con sede ou delegación permanente en Narón, mediante unha convocatoria pública.

Os interesados poden descarga-las bases da convocatoria e o impreso de solicitude da páxina web municipal (www.naron.es) ou ben solicitalo no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para participar nesta convocatoria é de 15 días hábiles e comezou o día 23 deste mes.

Xunto coa instancia debidamente cuberta, as asociacións deberán presentar no Rexistro Xeral a seguinte documentación:

  • Declaración xurada da súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Datos sobre o número de socios que compoñen a asociación, e os fins da dita asociación, segundo se recolle nos seus Estatutos, e colectivo ao que se dirixe.
  • Memoria das actividades realizadas pola entidade no último ano.
  • Fotocopia compulsada do Número de Identificación Fiscal.

As solicitudes serán valoradas por un órgano colexiado formado por tres técnicos do Concello de Narón (pertencentes ós departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario). Esta comisión terá en conta unha serie de criterios á hora de valorar as solicitudes: o número de socios, a dispoñibilidade dun local con apertura ó público a diario ou á semana, o programa de actividades que desenvolve, o orzamento anual do que dispón, a organización de accións docentes en materia de novas tecnoloxías que precisen destos equipos informáticos, o número de ordenadores dos que xa dispoñen e que foron doados polo Concello, e o grao de cumprimento e actualización de datas no Rexistro de Asociacións.

Narón, 25 de febreiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Concello presenta os novos equipos informáticos da Biblioteca Municipal

Publicado por PP Narón en 27 Enero 2009

As concelleiras de Novas Tecnoloxías, Paloma González, e Bibliotecas, Manuela Pérez Sequeiros, realizaron unha visita á Biblioteca Municipal do Alto para presentar ós medios de comunicación os novos equipos informáticos dos que dispón este espazo de lectura e estudo. Trátase de 30 ordenadores co sistema operativo Office 2007, equipados con 2 gigas de memoria, pantallas TFT de 19 pulgadas, rato óptico, conexión USB e lector de tarxetas para arquivos dixitais. Ademais, 2 dos equipos están adaptados para persoas con dificultades visuais, dispoñendo de monitores máis grandes e dun sofware instalado pola Organización Española de Ciegos (ONCE) que permite modifica-lo tamaño da letra, entre outras prestacións.

Os ordenadores están instalados na segunda pranta da Biblioteca, e para facer uso deles é imprescindible rexistrarse previamente no mostrador de entrada, presentando o carnet de socio ou o DNI e enchendo un formulario identificativo. Os usuarios disporán dun tempo máximo de 90 minutos, no cal haberán de respeta-las normas (non está permitido o seu uso para chatear, xogar, descargar música e vídeos, SMS, e páxinas de contidos non apropiados para unha biblioteca pública). Esta zona dispón tamén de conexión wifi, para que os internautas que o desexen poidan conectarse co seu ordenador portátil.

Actualmente, os lectores poden elexir entre os 31.741 fondos bibliográficos dos que dispón a Biblioteca do Alto, e que poden consultarse neste enderezo web: www.opacmeiga.rbgalicia.org. Seleccionando a localidade de Narón, a páxina amosa o catálogo de lectura desta biblioteca, e nun prazo breve de tempo permitirá tamén ó usuario facer as súas suxerencias literarias e reseñas sobre títulos que xa están nas estanterías deste lugar.

A adquisición dos equipos forma parte dun plan de mellora e actualización da Biblioteca Municipal, que a data de hoxe dispón dun total de 12.306 socios (para aboarse é necesario achega-la fotocopia do DNI e duas fotos de carnet, encher un impreso e pagar unha cuota simbólica dun euro anual). O horario de apertura ó público é de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 22:00, e os sábados pola mañá no mesmo horario. O servizo é público e poden facer uso del tódalas persoas de Narón e do resto da bisbarra.

Narón, 27 de xaniro de 2009

eiro

Publicado en Ayuntamiento, Instituciones, Prensa | Etiquetado: , , , , , , | Deja un Comentario »