Partido Popular de Narón

Espacio de comunicación del PP de Narón

  • Saludo Ángeles Díaz


    Mi nombre es Ángeles Díaz Pardo y, actualmente, soy la portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular en el Ayuntamiento de Narón.

    Quisiera, desde estas líneas, daros, en primer lugar, las gracias por visitarnos. Con este blog queremos ofreceros un punto de encuentro con nosotros y donde esperamos poder informaros de lo que hacemos a diario en el Ayuntamiento y fuera de él. Espero que os resulte interesante y, sobre todo, que os permita comprobar cómo, poco a poco y con la intervención del Partido Popular, vamos construyendo un Narón mucho mejor para todos.

    Es a esa tarea de trabajar por lograr un Narón mucho mejor y de procurar solucionar las necesidades de los vecinos a la que siempre nos hemos dedicado y en la que seguiremos, contando con todos vosotros, más ahora, si cabe, en esta nueva situación política que se ha abierto en nuestro Ayuntamiento.

    Por supuesto, nuestras puertas están abiertas para todos vosotros, para que nos podáis plantear todo aquello que os preocupe, con la seguridad de que nos encargaremos de que vuestras necesidades serán defendidas y escuchadas en el Ayuntamiento.

    Por el momento, me despido, agradeciéndoos vuestra visita a este espacio y recordándoos que podéis contar con nosotros para lo que queráis.

    Un cordial saludo.

Posts etiquetados ‘Paloma González’

Alumnos de 1º de Biblioteconomía da Universidade da Coruña visitaron o Arquivo Municipal para coñece-lo seu funcionamento

Publicado por PP Narón en 30 Abril 2009

Un grupo de 10 alumnos/as de 1º curso da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña visitou onte o Concello de Narón, onde tomaron contacto directo coas materias que están a estudar nesa diplomatura. Os participantes estiveron acompañados pola profesora Mª de las Nieves Peiro Graner, e recibiron unha charla na que se lles explicou como é o traballo diario do arquiveiro e do auxiliar de arquivo, e como funciona o Arquivo Municipal.

A continuación, baixaron ata o sótano da Casa Consistorial para visita-las instalacións que albergan o Arquivo Municipal, incluido o Arquivo Histórico. Os estudantes universitarios coñeceron o material de uso diario do arquivo (como carpetas, fichas, caixas, e libros de rexistro) e se lles explicou o proceso de dixitalización do mesmo, a través do programa informático “Albalá”.

Finalmente, os estudantes de Biblioteconomía e Documentación ollaron algunhas das antigas fotografías que forman parte do arquivo municipal, e que están dispoñibles no seguinte enderezo web: www.arquinaron.es.

A xestión do Arquivo Municipal é competencia da Concellería de Novas Tecnoloxías e Protocolo, dirixida pola edil Paloma González Cuevas.

biblioteconomia-11

biblioteconomia-2

Narón, 30 de abril de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Plan de Emprego Experimental do Concello logra insertar á maioría dos alumnos inscritos nos seus cursos

Publicado por PP Narón en 17 Abril 2009

O alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregaron onte os diplomas ós alumnos do Plan de Emprego Experimental “Construnar 09″, promovido polo Concello. Este programa foi deseñado especificamente atendendo ás demandas dos empresarios da comarca, e dos propios usuarios do plan. Deste xeito, o Concello promoveu un total de tres cursos (manipulador de alimentos, carretilleiro, e prevención de riscos laborais) que foron seguidos con éxito por 33 persoas.

Todas elas están xa traballando, segundo recordou hoxe a responsable de Formación Laboral, Paloma González Cuevas. A edil explicou que o compromiso do Concello coa Xunta (quen financia parte do programa) era acadar unha inserción laboral do 20% dos alumnos, algo que se superou con creces. Nestes intres, a porcentaxe de inserción é do 66%, xa que inicialmente se seleccionaron 50 persoas -preferentemente mulleres e persoas pertencentes a sectores que están sufrindo a crise, como a construción-.

O programa contou cun orzamento total de 47.500 euros (36.000 euros achegados pola Consellería de Traballo, e os 11.500 euros restantes foron achegados polo Concello de Narón).

Os cursos comezaron o 1 de decembro de 2008, e rematarán o 31 de xullo deste ano.

Narón, 17 de abril de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías recibe preto de 40 solicitudes para a cesión de ordenadores en propiedade

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

A Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Paloma González Cuevas, está a valorar nestes días as solicitudes presentadas polas asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, de cara á cesión de material informático en propiedade.

Durante o prazo no que se mantivo aberta a convocatoria, o Concello de Narón recibiu preto de 40 solicitudes que nestes días se baremarán tendo en conta unha serie de criterios como o número de socios das entidades, o programa de actividades que desenvolven e se requiren o uso de ordenadores, e o local no que realizan o seu traballo. (As bases desta convocatoria permanecen expostas na páxina web municipal, www.naron.es, por si desexades consultalas).

A comisión de valoración estará integrada por tres técnicos dos departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario. Eles serán os encargados de baremar dende hoxe as solicitudes, e se reunirán o vindeiro día 3 de abril para dar a coñece-los nomes das entidades ás que se entregarán os equipos informáticos.

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Concello organizou un curso para aprender a usar os teléfonos móbiles no Centro Municipal de Maiores

Publicado por PP Narón en 31 Marzo 2009

O Concello de Narón, a través das Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, levou a cabo un curso para maiores sobre o uso do teléfono móbil, que organizou a empresa Vodafone.

O curso desenvolveuse en dúas quendas:

  • Xoves 26 de marzo: Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores (rúa Illa San Vicente)
  • Venres 27 de marzo: Centro de Maiores de Pedroso.

Paloma González Cuevas e Mª del Carmen Espada, responsables de Novas Tecnoloxías e Maiores, resaltaron o éxito desta convocatoria, na que se ensinarán ós asistentes os trucos e consellos prácticos para manexar con facilidade o seu terminal.

Narón, 31 de marzo de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , | Deja un Comentario »

A Concellería de Novas Tecnoloxías cederá material informático ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións

Publicado por PP Narón en 25 Febrero 2009

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de anuncia-la cesión en propiedade de material informático municipal ás asociacións e entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

Trátase dunha nova iniciativa que permitirá desafectar 30 ordenadores que no seu día pertenceron ás instalacións da Biblioteca Municipal do Alto, que dende o pasado mes de xaneiro dispón de novos equipos informáticos. Este material se cederá en propiedade ás asociacións e entidades con sede ou delegación permanente en Narón, mediante unha convocatoria pública.

Os interesados poden descarga-las bases da convocatoria e o impreso de solicitude da páxina web municipal (www.naron.es) ou ben solicitalo no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para participar nesta convocatoria é de 15 días hábiles e comezou o día 23 deste mes.

Xunto coa instancia debidamente cuberta, as asociacións deberán presentar no Rexistro Xeral a seguinte documentación:

  • Declaración xurada da súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Datos sobre o número de socios que compoñen a asociación, e os fins da dita asociación, segundo se recolle nos seus Estatutos, e colectivo ao que se dirixe.
  • Memoria das actividades realizadas pola entidade no último ano.
  • Fotocopia compulsada do Número de Identificación Fiscal.

As solicitudes serán valoradas por un órgano colexiado formado por tres técnicos do Concello de Narón (pertencentes ós departamentos de Patrimonio, Intervención e Servizo Sociocomunitario). Esta comisión terá en conta unha serie de criterios á hora de valorar as solicitudes: o número de socios, a dispoñibilidade dun local con apertura ó público a diario ou á semana, o programa de actividades que desenvolve, o orzamento anual do que dispón, a organización de accións docentes en materia de novas tecnoloxías que precisen destos equipos informáticos, o número de ordenadores dos que xa dispoñen e que foron doados polo Concello, e o grao de cumprimento e actualización de datas no Rexistro de Asociacións.

Narón, 25 de febreiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A segunda xornada do Foro ‘Familia e crise económica’ abordará hoxe o aforro e o consumo sostible

Publicado por PP Narón en 12 Febrero 2009

A Concellería de Formación Laboral do Concello de Narón desenvolverá hoxe a segunda xornada do Foro “Familia e crise económica”, que se está a celebrar na Sala de Conferencias da Biblioteca Municipal do Alto, a partires das 20 horas.

A xornada de hoxe estará adicada ó aforro e ó consumo sostible, e contará coa participación de Juan Manuel Thomas Calvo (enxeñeiro superior industrial) e Carlos Gómez Martínez (abogado e ex Subdirector Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia). O primeiro falará sobre consumo doméstico, aforro enerxético, etiquetado, o Plan Renove e outras axudas, mentres que o segundo relator explicará a facturación e as tarifas da luz e do gas. Este acto estará presentado pola primeira Tenente de Alcade, Angeles Díaz Pardo.

Na mesa sobre aforro e consumo sostible explicarase como se conforma o recibo da luz e como é agora a nova tarifa nocturna. Ademáis, ofreceranse técnicas sinxelas para abarata-lo recibo do gas e o da electricidade nos fogares. Tamén se darán a coñece–las axudas que existen para aforrar enerxía, e onde poden solicitarse.

O foro sobre “Familia e crise económica” rematará mañá venres, coa mesa redonda sobre publicidade e prezos.

Narón, 12 de febreiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

A Biblioteca Municipal acolle dende o mércores e ata o venres o foro “Familia e crise económica”

Publicado por PP Narón en 12 Febrero 2009

A Biblioteca Municipal do Alto acolle entre o mércores e o venres o segundo foro organizado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Narón, dirixida pola edil Paloma González Cuevas.

Baixo o título de “A familia e a crise económica”, o foro está dividido en tres charlas que se celebrarán de 20 a 22 horas. A xornada do mércores está adicada ós aspectos básicos de economía nos fogares. Interverán dous relatores:

Antonio Aguarón Turrientes (experto en consumo, e ex xefe do Servizo Provincial de Consumo da Xunta de Galicia), falará sobre o presuposto básico no fogar, contas bancarias, fondos de inversión e pensións, as novas ofertas hipotecarias e créditos rápidos.

Joaquín Álvarez Domato (economista e experto en consumo) falará sobre o sobreendebedamento, o diñeiro de plástico, a reunificación de débedas e a súa problemática, as familias nos procesos concursáis, e o fondo de garantía de depósitos.

A data de hoxe, existen preto de 180.000 familias en España con problemas para paga-la súa hipoteca, debido a que as cotas aumentaron ata nun 80% nos últimos tres anos. Ademáis, son moitos os consumidores que recorren a créditos personais, aínda sen saber cal é a súa capacidade de endebedamento.

Os temas que se abordarán no foro do mércores están relacionados con estas cuestións, co día a día das familias, a hipoteca, o crédito, as tarxetas bancarias e o excesivo aumento de gastos en servizos básicos coma a luz ou o gas. A charla estará adicada ó presuposto familiar e o endebedamento, e permitirá coñecer as novas ofertas hipotecarias e os problemas dos créditos rápidos. Tamén se abordarán as consecuencias de emprega-lo diñeiro de plástico e como se poden reconduci-las débedas.

Narón, 12 de febreiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »

O Alcalde de Narón e a presidenta da asociación Teima firman un convenio para continuar coa formación laboral das persoas con síndrome de Down

Publicado por PP Narón en 27 Enero 2009

O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, e a presidenta da asociación de enfermos de síndrome de Down “Teima”, Patricia Serantes, firmaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá a esta entidade seguir ofrecendo formación laboral ós seus usuarios nas instalacións do Concello de Narón. A principal beneficiaria será Margarida Amarelo, que xa viña desenvolvendo un programa de formación no departamento de Intervención, e coa renovación do convenio feita hoxe seguirá no mesmo posto.

O convenio establece unha subvención de 11.700 euros anuais -dos que a Concellería de Servizos Sociais Xerais aporta 6.000 euros e a Concellería de Formación Laboral os 5.700 euros restantes- e recolle unha novidade importante respecto ó convenio do ano anterior: o acordo será por dous anos prorrogables automaticamente, sen necesidade de firmalo de novo no 2010. A asociación Teima ocuparase de seleccionar a outros usuarios que tamén se incorporarán ó Concello en virtude deste acordo.

O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, declarou que “é unha honra poder seguir colaborando con esta asociación, e continuar coa labor que iniciamos fai dous anos e medio”. Blanco recalcou a importancia de integrar social e laboralmente ás persoas con síndrome de Down, para que a súa vida sexa o máis sinxela posible.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Hermida, engadiu que dende o Concello apóstase por “axudar á formación e á mellora da calidade de vida destas persoas. Estamos moi contentos co traballo de Marga e queremos seguir nesta liña”, dixo. Pola súa banda, a responsable de Formación Laboral, a concelleira Paloma González, destacou as dúas vertentes que ten este convenio -a formativa e tamén a parte social- e incidíu na importancia de iniciativas coma esta.

A presidenta de Teima, Patricia Serantes, concluíu agradecendo ó Concello de Narón “a súa aposta pola integración das persoas con síndrome de Down, xa que para elas resulta moi importante que poidan aprender unha profesión nun lugar coma este”. Serantes tamén recordou que “logo da formación, ven o emprego”, incitando ás administracións a reservar un número de prazas na súa oferta pública de emprego para persoas con minusvalías psíquicas.

Narón, 27 de xaneiro de 2009

Publicado en Ayuntamiento, Prensa | Etiquetado: , , , , , | Deja un Comentario »